Concello da Baña

 galego  | english  | castellano 

Concello

fototop

O Concello da Baña, forma a Comarca de Barcala, conxuntamente con Negreira.

Está situado nun fermoso val con 15 parroquias; posúe vestixios arqueolóxicos como os Castros da Baña e Lañas, as mámoas de Ferreiros, etc.

Foi unha zona intensamente romanizada, o que se desprende da súa toponimia. A presenza de núcleos como Suevos e Francos dan fe do asentamento de pobos bárbaros.

Na época medieval foi berce dos Trastámara, dominio dos señores de Altamira; personaxes como Xelmírez ou a raíña Urraca dan constancia dun momento florecente.

O románico e o gótico deixan a súa pegada sobre todo nas igrexas; comeza pois unha época de florecemento no século de ouro que continuará no século XVI, con construcións palacianas como o pazo de Leis.

No século XVII, sobre todo no período barroco, houbo outro momento florecente; destacan as torres-campanario das igrexas (Fiopáns, Monte).

Isto dá paso a épocas de decadencia económica e política, reformas na súa maior parte debidas ás guerras da independencia e carlista, ás incautacións de bens eclesiásticos e de confrarías, así como á suba de impostos.

E xa no século XX, continuando coa decadencia, esta terra consegue sobrevivir coa agricultura, a gandaría e tamén coa emigración.

 

 

Novas do Concello da Baña

[15/05/13] AÍNDA NON SACACHES O CARNÉ DE CONDUCIR? AXUDÁMOSCHE?

Axudas da Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, para a obtención do carné de conducir.

[26/04/13] CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2013

A Excma. Deputación Provincial da Coruña organiza en colaboración co Concello da Baña, os Campamentos Deportivos 2013, do 14 ó 20 de xullo para os rapaces/as nados nos anos 2003, 2002, 2001, 2000 e 1999.

[08/03/13] AXUDAS PARA ALUMNADO UNIVERSITARIO PARA ESTADÍAS EN ESTADOS MEMBROS DA UNIÓN EUROPEA, VERÁN 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

[08/03/13] AXUDAS PARA O ALUMNADO UNIVERSITARIO CON DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA CONTINUAR ESTUDOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas ao alumnado que curse estudos universitarios, no ano académico 2012/2013, nas universidades do SUG, que por causa sobrevida ou imprevista teña...

[07/02/13] ENTROIDO 2013 A BAÑA

Data: sábado, 16 de febreiro

Lugar: Praza do Concello

Hora: 17.00 h

Inscrición: Concello da Baña

Teléfonos: 981 886 501 / 607 577 419

[01/02/13] Charlas no Centro Social e da 3ª Idade municipal

Estas son as charlas programadas para o mes de febreiro no Centro Social e da 3ª Idade.

[05/06/12] RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA NÚM. 40/12

Publícase a resolución da Alcaldía núm. 40/12 en relación coa contratación de traballador/a social no Concello da Baña en réxime laboral temporal (interinidade)

[27/04/12] NÚM. DE CONTA PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO DE TRABALLADOR/A SOCIAL

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo para traballador/a social deberán ingresar 10,00 euros na conta de NovaGalicia Banco núm. 2080-0326-17-3110000035 tal como establecen as bases.

[24/04/12] O TEU SANGUE É VIDA, COMPÁRTEA

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia permanecerá diante do Centro de Saúde o luns, 30 de abril, de 10.00 a 14.30 h.

[12/01/12] A VOLTA A ESPAÑA 2012 PASARÁ POLA BAÑA

A etapa 13 da Volta a España 2012 que sairá de Santiago de Compostela e concluirá en Ferrol pasará pola Baña o venres, 31 de agosto.

[26/09/11] ANÍMATE NA BAÑA

Dinamización de adultos 2011

[20/06/11] ANUNCIO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA

As declaracións sobre as causas de posible incompatibilidade e sobre as actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos económicos así como as declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais dos/as concelleiros/as do...

[02/03/11] CURSO DE POWERPOINT

Aprende a crear presentacións de powerpoint

[24/02/11] AGUSTÍN HERNÁNDEZ INAUGUROU AS OBRAS DA ESTRADA NEGREIRA-PONTE FAILDE AC-444

Un vial no que se acometeu un acondicionamento, cuxo importe ascendeu a máis de 8 millóns de euros.

[30/12/10] INFORMACIÓN SOBRE A PRAZA DE ANIMADOR/A DEPORTIVO/A

O prazo para presentar alegacións remata o día 3 de xaneiro de 2011 ás 14.00 h e a data da entrevista é o 4 de xaneiro ás 9.30 h no salón de sesións da casa do concello.

Financia
Gobierno de España - Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
Unión Europea - Fondo Europeo de Desarrollo Regional
Concello da Baña, Praza do Concello, s/n, 15863 A Baña (A Coruña), Tel. 981 886 501, Fax. 981 886 616, correo@abana.dicoruna.es